Ari[t]mar activa a votación para escoller a Mellor Canción de 2025 na Galiza e en Portugal. O proxecto didáctico e cultural que conecta ambos territorios abre agora ao público unha decisión que tamén é unha declaración de vínculos. Música feita en galego e portugués dialogando de igual a igual.
O xurado vén de preseleccionar 10 cancións galegas e 10 portuguesas que competirán polo recoñecemento ás mellores do ano pasado. Dende o venres 27 de febreiro de 2026 xa se poden escoitar todas as finalistas na web aritmar.gal e emitir o voto. O prazo permanecerá aberto ata o 27 de marzo ás 23:59.
Na categoría galega figuran:
- Vitoria, de Chicharrón
- E se queres, de Faia
- De paso en Portugal, da Familia Caamagno
- Vou pa Arzúa, de Grande Amore
- A palabra como arma, de Hugo Guezeta
- Perdín a Memoria, de MJ Pérez
- O pobre non tem, o rico não dá, da Orquestra Bravú Xangai
- A Xeitosa, de Sheila Patricia
- Todo o mundo contra min, dos Ulex
- E Será por Flores, de Uxía
Na categoría portuguesa optan ao premio:
- Tigre I, de A Garota Não e Sérgio Mendes
- Não é Tarde, Nem é Cedo, de Buba Espinho e Miguel Araújo
- Respirar, de Calema e Sara Correia
- Balada do País que Dói, de Carminho
- Brinde (16hoo), de Carolina Deslandes
- Tu e a Lua, de MAR e Carolina Deslandes
- Quem quer dizer adeus, de Márcia
- Santa, de MimiCat
- Mulher dos Teus Sonhos, de Nena
- Nena, de Joana Almeirante
Ari[t]mar continúa así fortalecendo unha ponte cultural que leva anos xerando comunidade arredor da lingua e da creación contemporánea. Agora a decisión pasa ás mans do público. Un mes para escoitar con calma e votar con criterio.

