O libro foi escrito por Noel Turbulencias e ilustrado por Victoria Sánchez, dous apaixonados da música que uniron os seus talentos para realizar diversas labores de divulgación musical.

Por un lado, Noel leva máis dunha década realizando programas musicais en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña, e facéndose un nome na comunicación. Colaborou en seccións de Distrito 15, en Radio InterCoruña con María Nieto; O Galo Canta, de Radio Estrada xunto a Iago Gordillo; ou Música Envenenada, en Radio Polígono compartindo micrófono con Samu Sobrino. En medios escritos participou no blog Pániko Nuclear e actualmente colabora na edición Noroeste de Mondo Sonoro, ademais de ser entrevistado en diversas ocasións para analizar novas de temática musical en medios como Onda Cero, Huffington Post, InfoLibre ou ABC.

Por outro lado, está Victoria, ilustradora e escritora, e docente de profesión, que en 2021 edita Murcia Loves Indie, un libro de características similares ao de Galicia, facendo o propio coa escena murciana, liderada por grupos como Arde Bogotá, Viva Suecia, Varry Brava ou Hoonine. A súa obra foi lanzada desde a máis pura e auténtica autoxestión, logrando vender máis de 1.000 copias en menos dun ano.

Noel Turbulencias
Textos e conceptualización

Divulgador musical vinculado ao mundo radiofónico dende fai máis dunha década

(Cuac FM) focaliza a súa paixón pola música para encargase dos textos e a conceptualización da obra

Victoria Sánchez
ilustraciones e decisións artísticas

Autora do libro Murcia Loves Indie, unha obra de caracterísicas similares a Galicia MusiCalidade pero con artistas da Region de Murcia. Nesta ocasión céntrase únicamente no apartado visual do proxecto.