OBRADOIROS
O principal obxectivo dos obradoiros é poñer en valor a música que se realiza en Galicia. Para iso, o obradoiro parte do diálogo co alumnado para identificar os seus coñecementos previos en canto a que tipo de cancións escoitan eles ou os seus titores na casa, artistas ou bandas que seguen e, sobre todo, recoñecemento dos distintos xéneros musicais (pop, rock, electrónica, rap, folk, etc.), ademais da relación de certos xéneros con instrumentos específicos. A partir deste momento, presentaremos unha serie de grupos e solistas galegos, que a través dunha gamificación intentaremos ubicalos dentro dos distintos xéneros musicais previamente presentados.
Poñeremos o foco nos posibles prexuízos e subliñaremos que os xéneros musicais non son recipientes estancos, xa que poden fusionarse entre eles ou verse influenciados directamente por outros, polo que haberá artistas que poden pertencer a varios xéneros simultaneamente. Destacaremos, polo tanto, a versatilidade da escena musical contemporánea en Galicia.
O obradoiro pode ser ampliado realizando actividades de creación de contido radiofónico ou audiovisual coa intención de fomentar a música galega. Segundo as necesidades temporais, poderiamos gravar pequenas cuñas de promoción de artistas, curtos divulgativos con intencionalidade de que sexan atractivos para redes sociais, ou a elaboración de entrevistas a artistas galegos, así como un podcast en formato magazine musical no que mesturar varios destes conceptos.
LIBRERÍAS
Alita Comics – Avenida Finisterre 99B 15004 – A Coruña
Marilians Records – C/ Noviciado 9 Local 7 28015 – Madrid
Victoria Sánchez
ilustraciones e decisións artísticas
Autora do libro Murcia Loves Indie, unha obra de caracterísicas similares a Galicia MusiCalidade pero con artistas da Region de Murcia. Nesta ocasión céntrase únicamente no apartado visual do proxecto.