Hai grupos que nunca deixan de estar aí, mesmo cando gardan silencio. Familia Caamagno é un deses nomes que funcionan como un pequeno músculo do país: cada vez que volven, reavivan esa idea de que o rock galego pode ser festa, identidade e unha maneira de explicar o mundo desde abaixo, fuxindo de artificios e […]
Archivos del Autor: Noel Turbulencias
Hai colaboracións que non buscan a nostalxia, senón a memoria activa. Crise, o novo sinxelo de Vimbio xunto a Hugo Guezeta, pertence a esa categoría: máis que un regreso sentimental ao espírito de SonDaRúa, é unha chamada á espertar a rabia social que fixo grande ao colectivo no seu momento. Un recordo vivo, non un […]
O EmigraSON xa ten o seu cartel completo. O festival, convertido nun punto de encontro esencial para a diáspora galega en Bruxelas, presenta unha edición 2026 que combina tradición, vangarda e unha radiografía precisa do talento que está a definir o noso presente musical. As dúas xornadas celebraranse o 27 e 28 de febreiro en […]
O festival EmigraSON acaba de anunciar a súa última confirmación e, con ela, o peche dun cartel que consolida ao evento como un dos espazos máis vibrantes para a música galega fóra das súas fronteiras. Baiuca, o proxecto que conseguiu situar a tradición galega no mapa global a base de electrónica envolvente, foliada transformada en […]
Quince anos despois, o grupo galego publica un disco que fala da reconstrución, da serenidade e da fe tranquila no futuro. Hai regresos que teñen algo de milagre. Non pola épica, senón pola honestidade coa que aparecen. Mañana y Siempre, o novo álbum de Nadadora tras quince anos de silencio discográfico, pertence a esa categoría […]
O Underfest Xacobeo chega en 2025 á súa oitava edición consolidado como unha das citas máis especiais da música alternativa en Galicia. Un festival que sempre apostou por fuxir dos carteis repetitivos, colocando en primeiro plano a experiencia musical, a proximidade cos artistas e a diversidade estética. Este ano, ademais, reforza a súa dimensión cultural […]
A escena galega segue a ampliar horizontes creativos grazas a proxectos que nacen desde a autenticidade, a experimentación e o gusto polo oficio. Saibran é un deles. A nova aventura de Cibrán García (Boyanka Kostova) xorde ao lado de Julián Goicoa e Fiz García, dúo rítmico fundamental de Mundo Prestigio, para construír unha triloxía que […]
Os I Premios da Industria Musical de Galicia nacen para recoñecer aquilo que sostén, impulsa e transforma o noso ecosistema cultural. Nesta primeira edición, a Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) seleccionou dous nomes que explican moi ben o momento de madurez e diversidade que vive a música galega: Carlos Ares, distinguido como Artista do […]
A Coruña terá este 7 de decembro na sala Mardi Gras unha das visitas máis estimulantes deste final de ano: The Molotovs, considerado un dos proxectos emerxentes máis interesantes do Reino Unido, pisan por primeira vez o Estado nunha xira que tamén pasará por Granada, Valencia, Barcelona, León e Madrid. A súa chegada enmárcase nun […]
O Festival EmigraSon de Bruxelas continúa a sumar nomes ao seu cartel e vén de anunciar unha das incorporacións máis especiais desta edición: Fer, coñecido por ser unha das dúas metades de Verto, un dos proxectos máis representativos da nova idade de ouro da música galega contemporánea. Logo da separación do dúo, cada un dos […]










