Hai algo que chama a atención cando un repasa a actualidade musical deste verán: as cancelacións de festivais xa non son unha excepción. Aparecen aquí e acolá, afectando a proxectos de pequeno e mediano formato que, sobre o papel, parecían ter argumentos suficientes para saír adiante. Algúns contaban con apoio institucional. Outros presentaban carteis con […]
Archivos del Autor: Noel Turbulencias
Willow GHZ presenta «Seguirei Perdendo», un novo sinxelo producido por Peter Petrowski no que transforma a derrota, a incerteza e as feridas da vida nun exercicio de aceptación e resistencia. A canción afástase de calquera visión triunfalista para reivindicar a aprendizaxe que nace dos erros, dos camiños equivocados e das batallas que non sempre rematan […]
Durante os últimos meses, Apolo18 foron deixando pistas do que estaba por chegar. O quinteto coruñés foi publicando cancións ao longo de 2026 e construíndo unha expectación pouco habitual para unha banda tan nova. Agora todas esas pezas conflúen en Intentos de facer vida, un EP debut que incorpora tamén o tema «Outono (Cabra)» e […]
Belém Tajes vén de publicar «Santa Ferreña», un novo sinxelo que funciona como ponte entre a tradición popular galega e novas formas de exploración sonora. A canción chega coincidindo coa celebración da romaría de Carboeiro e convértese nunha homenaxe tanto á patroa do lugar como aos históricos encontros de música tradicional que marcaron xeracións de […]
Galicia contará con nove espazos dentro da nova Red de Salas, un circuíto estatal promovido por ACCES (Asociación Cultural Coordinadora Estatal de Salas privadas de música en directo) que reunirá a 93 salas de concertos de todo o país co obxectivo de reforzar a programación de música en vivo e favorecer a diversidade artística. Entre […]
A banda viguesa Los Marcianos volve abrir unha nova fenda dentro do seu propio son con “Jota suicida”, un tema no que colaboran con Tronco e que transforma a tradición da jota aragonesa nun artefacto de pop alternativo atravesado por guitarras, castañolas, melodías luminosas e unha certa melancolía irónica. A canción funciona dende o contraste. […]
Néboa regresan con Barco Fantasma, o seu terceiro traballo discográfico, un disco que soa a peche de etapa e tamén a transformación constante. O quinteto galego leva máis dunha década construíndo unha identidade difícil de encaixar nas categorías habituais do pop alternativo estatal, sempre en movemento entre a electrónica, o folk contemporáneo, a experimentación e […]
O dúo formado por Adrián Riveiro Rodríguez e Pablo Gómez Portas son os piares de Furada, grupo que presenta un primeiro álbum homónimo editado por Ferror Records que entende o post punk como unha ferramenta poética, política e emocional, afastada da simple nostalxia estética coa que tantas veces se recicla o xénero. O proxecto comezou […]
O regreso de Silvio Rodríguez a España xa é unha realidade. O histórico cantautor cubano anunciou unha nova xira para os meses de setembro e outubro de 2026, marcando así o seu reencontro co público español despois de anos sen actuar no país. A Coruña será unha das cidades incluídas nun percorrido que tamén pasará […]
A artista viguesa LAW continúa construíndo unha das propostas máis singulares da nova escena galega con Prometeo na cidade, un EP conceptual de catro cancións no que a mitoloxía clásica convive coa ansiedade contemporánea, a música de raíz e a electrónica máis ritual. O novo traballo, editado por Galunk Producións, utiliza a figura de Prometeo […]










