Lumedoloop e Saibran presentan os seus debuts en tres concertos conxuntos en Galicia

Lumedoloop e Saibran levarán os seus primeiros traballos discográficos a tres salas galegas nunha pequena xira conxunta que arrinca esta primavera. Tres datas, tres contextos distintos e unha mesma idea: defender en directo proxectos que nacen dende a escena urbana feita aquí.

O calendario queda así:

21 de marzo – Lugo, Clavicémbalo

1 de abril – A Coruña, Sala Filomatic

10 de maio – Mos, Sala Rebullón

Saibran, proxecto persoal de Cibrán García (Boyanka Kostova), vén de publicar Atardecer Harmonioso con Gotas de Primavera, un disco que está a presentar acompañado de Julián Goicoa ao baixo e Fiz García á batería (ambos de Mundo Prestigio), ampliando o formato cara unha dimensión máis orgánica sobre o escenario.

Pola súa parte, Lumedoloop —Jamas, Møu (ambos de Dios Ke Te Crew) e DJ Mil— presenta (Re)existencia, un traballo que articula o seu discurso arredor da resistencia, a transformación e a presenza. No directo, ese triángulo conceptual convértese en ritmo, palabra e comunidade.

Tres citas que reforzan o papel das salas como espazos clave para entender o pulso da música urbana galega.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *