Ari[t]mar abre a votación para escoller a Mellor Canción de 2025 na Galiza e Portugal

Ari[t]mar activa a votación para escoller a Mellor Canción de 2025 na Galiza e en Portugal. O proxecto didáctico e cultural que conecta ambos territorios abre agora ao público unha decisión que tamén é unha declaración de vínculos. Música feita en galego e portugués dialogando de igual a igual.

O xurado vén de preseleccionar 10 cancións galegas e 10 portuguesas que competirán polo recoñecemento ás mellores do ano pasado. Dende o venres 27 de febreiro de 2026 xa se poden escoitar todas as finalistas na web aritmar.gal e emitir o voto. O prazo permanecerá aberto ata o 27 de marzo ás 23:59.

Na categoría galega figuran:

  • Vitoria, de Chicharrón
  • E se queres, de Faia
  • De paso en Portugal, da Familia Caamagno
  • Vou pa Arzúa, de Grande Amore
  • A palabra como arma, de Hugo Guezeta
  • Perdín a Memoria, de MJ Pérez
  • O pobre non tem, o rico não dá, da Orquestra Bravú Xangai
  • A Xeitosa, de Sheila Patricia
  • Todo o mundo contra min, dos Ulex
  • E Será por Flores, de Uxía

Na categoría portuguesa optan ao premio:

  • Tigre I, de A Garota Não e Sérgio Mendes
  • Não é Tarde, Nem é Cedo, de Buba Espinho e Miguel Araújo
  • Respirar, de Calema e Sara Correia
  • Balada do País que Dói, de Carminho
  • Brinde (16hoo), de Carolina Deslandes
  • Tu e a Lua, de MAR e Carolina Deslandes
  • Quem quer dizer adeus, de Márcia
  • Santa, de MimiCat
  • Mulher dos Teus Sonhos, de Nena
  • Nena, de Joana Almeirante

Ari[t]mar continúa así fortalecendo unha ponte cultural que leva anos xerando comunidade arredor da lingua e da creación contemporánea. Agora a decisión pasa ás mans do público. Un mes para escoitar con calma e votar con criterio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *