Repion será o encargado de poñer o peche á edición galega de Directos Vibra Mahou, o ciclo promovido por Vibra Mahou, cunha dobre cita esta semana: o 18 de marzo en Sala Pantalán e o 19 de marzo en Sala Supersonic.
O proxecto das irmás Marina Iñesta e Teresa Iñesta chegará a Galicia presentando os temas de 201, nun momento de consolidación para unha banda que continúa medrando dentro do rock alternativo estatal. Nos últimos directos, ademais, o dúo ampliou o seu formato coa incorporación de Iris Banegas, reforzando unha proposta que gaña corpo sen perder a tensión nin a identidade coa que foron construíndo o seu son.
Batería, guitarras afiadas e voces ensambladas cunha naturalidade pouco habitual seguen a ser a base dun directo que funciona especialmente ben en sala, onde a proximidade amplifica a súa intensidade. Ese será tamén o último movemento dun ciclo que este ano pasou por Galicia con nomes como Anabel Lee, Niños Bravos ou Rufus T. Firefly.

