Boimorto acollerá os días 28, 29 e 30 de agosto a 15ª edición do Festival da Luz, unha cita xa consolidada no verán galego que mantén o seu carácter solidario, destinando parte da recadación a COGAMI.
O cartel desta edición inclúe nomes como Pablo Alborán, Repion, Chambao, Boikot ou Nena Daconte, xunto a artistas como La Bien Querida, Ráfaga, Luar na Lubre, La Paloma, Budino, Ona Mafalda ou Cómplices. A programación amplíase con propostas como Me Fritos and The Gimme Cheetos, Sabela, Treixadura, Bernal, Mäbu, Quinkillada, Los Motores, Emilio Rúa, Stivijoes, Vangoura, Los Acebos, Dani Cornes, Poi Flog, U2Live, Vimbio, The Benturas, Delara ou A Banda da Balbina.
A edición complétase con formacións tradicionais e locais como a Banda de Música de Salceda e Santiaguiños de Boimorto, ademais da sesión de Kris K DJ, nun cartel que aínda sumará novos nomes nas próximas semanas.
As entradas xa están dispoñibles na web oficial do festival.

