Biznaga anuncian as primeiras datas do fin de xira de ¡Ahora! cunha parada na Coruña

Nun panorama onde ás veces falta voz e sobran silencios, Biznaga seguen a ocupar un espazo indispensable: o de quen escribe dende a lucidez, a incomodidade e a necesidade de contar o mundo sen filtros. A banda madrileña, unha das máis sólidas e coherentes da xeración formada arredor do rock inmediato, anuncia as primeiras datas do final de xira de ¡Ahora! antes de comezar a gravación do seu sexto disco.

Entre elas destaca a cita galega: 13 de marzo no Playa Club da Coruña, unha oportunidade para reencontrarse cun grupo que leva unha década demostrando que a canción reivindicativa tamén pode ser melódica, directa e profundamente emocional. ¡Ahora! —recoñecido nos Premios Academia da Música e nos MIN— elevou aínda máis un discurso crítico que non adoita atopar espazo na industria, e que aquí segue totalmente vixente.

Esta despedida de xira funciona como celebración dun ciclo especialmente fértil e como recordo de que proxectos como Biznaga continúan a ser necesarios para explicar o presente que habitamos.

PRIMEIRAS DATAS DO FIN DE XIRA ¡AHORA!(Lista completa)

6 decembro – Santander – Escenario Santander

13 decembro – Barcelona – Razz 1

20 decembro – Castelló de la Plana – La Bohemia

21 decembro – Valencia – Serialparc

29 decembro – Valldigna (València) – Festivern

24 xaneiro – Vitoria-Gasteiz – Jimmy Jazz

13 febreiro – Gijón – Acapulco

14 febreiro – Donosti – Intxaurrondo

27 febreiro – Bilbo – Santana

28 febreiro – Ayora – Gazpatxo Rock

13 marzo – A Coruña – Playa Club

27 marzo – Madrid – La Riviera

28 marzo – Madrid – La Riviera

4 abril – Benicàssim – San San

3–4 xullo – El Bonillo (Albacete) – Alterna

8–11 xullo – Gandía – Pirata Beach Fest

Máis datas por anunciar.Entradas dispoñibles en: biznagabiznaga.com/dates

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *