Archivos del Autor: Noel Turbulencias

Premios Martín Códax da Música bota a andar cara á gala do 27 de maio

A XIII edición dos Premios Martín Códax da Música presentouse na Sala Riquela de Santiago de Compostela e inicia así o seu camiño cara á gala final do 27 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra. A convocatoria, organizada por Músicas ao Vivo, conta co apoio de Bodegas Martín Códax, AGADIC, Concello e Deputación […]

Ari[t]mar abre a votación para escoller a Mellor Canción de 2025 na Galiza e Portugal

Ari[t]mar activa a votación para escoller a Mellor Canción de 2025 na Galiza e en Portugal. O proxecto didáctico e cultural que conecta ambos territorios abre agora ao público unha decisión que tamén é unha declaración de vínculos. Música feita en galego e portugués dialogando de igual a igual. O xurado vén de preseleccionar 10 […]

Fillas de Cassandra prenden a pista de baile co novo avance de Tertúlia

Hai algo que comeza cun “bla bla bla” e acaba convertido en suor colectivo. O novo single de Fillas de Cassandra, insolación, xa está nas plataformas e funciona como segunda porta aberta cara a Tertúlia, o álbum que verá a luz en abril. O punto de partida é sinxelo e á vez contundente: falar tamén […]

Dani Cornes fai da distancia un fogar sonoro en Aquí Sempre Tes Casa

Aquí sempre tes casa, o primeiro álbum de estudo de Dani Cornes, é un deses traballos que medran na escoita. O que propón Cornes aquí é un pop de tendencia expansiva, con matices de post-rock e synth-pop, onde as cancións respiran, arroupan, para acabar estalando nunha elegancia contida. Resoan ecos de M83, Sigur Rós ou […]

5 (+1) razóns para ir ao EmigraSON este ano ou calquera

Hoxe comeza o festival EmigraSON en Bruxelas, un evento que converte a capital europea durante dous días nunha extensión emocional de Galicia. Na súa cuarta edición segue a medrar en aforo e en ambición, sen perder o traballo case asociativo e, ainda, voluntario da organización. Actualmente poderíamos dicir que esta aventura que iniciaron un grupo […]

Rebeliom do Inframundo publica Orgulho: raíz, loita e quinto disco dunha trincheira musical

Orgulho (Galunk Producións, 2026), o quinto traballo de Rebeliom do Inframundo, chega este 26 de febreiro ás plataformas dixitais como síntese dunha traxectoria construída dende os primeiros chanzos da escada, con independencia, coherencia e comunidade. Máis dunha década despois de comezar a facer da música unha trincheira, o grupo reafirma aquí a súa identidade: rap […]

Bala arrinca en A Coruña a xira das reedicións de Human Flesh e Lume

A banda galega Bala pon en marcha esta fin de semana en A Coruña a xira de presentación das reedicións de Human Flesh (2015) e Lume (2017), dous discos que axudaron a definir unha maneira de entender o ruído. O primeiro concerto terá lugar o 28 de febreiro na sala Playa Club, nunha data especial […]

Iván Ferreiro celebra 35 anos de carreira coa xira Hoy x Ayer

Iván Ferreiro pon en marcha este 2026 unha das xiras máis simbólicas da súa traxectoria. Hoy x Ayer nace como celebración de 35 anos enriba dos escenarios e propón un percorrido que conecta distintas etapas vitais e musicais: dende os primeiros pasos con Los Piratas ata o seu camiño en solitario, xa consolidado como unha […]

Portosanto: o regreso (con outro nome) de Oh! Ayatollah xa ten adianto

A épica dos regresos está totalmente sobrevalorada, sobre todo cando non ves aportar nada novo. Por outro lado hai bandas que son máis honestas e borran un nome para escribir outro. Portosanto nace así, como a consecuencia natural dun grupo que estivo a piques de desaparecer e que decidiu seguir, pero doutra maneira. Detrás de […]

QFB desata a súa rabia con A Nosa Terra

O pasado 1 de febreiro viu a luz A Nosa Terra, o segundo disco de QFB, unha banda que leva anos traballando dende A Coruña unha mestura de rap e metal atravesada por conciencia social e identidade. Os adiantos xa marcaban o camiño. En “Pedras contra Tanques”, reinterpretando o clásico de Leilía, e en “Somos […]