Igloo seguen empurrando o seu proxecto dende un lugar pouco habitual, sostidos polo seu público e afastados das inercias máis previsibles da industria. Igual que xa fixeran con Planes para días grises (2023), a banda volve apostar polo micromecenado como ferramenta para dar forma ao seu novo disco. Un modelo que fala de relación directa, […]
Archivos del Autor: Noel Turbulencias
Hai algo incómodo en chamar familia ao que doe. “Familia S.L.”, o novo single de Carlangas, sitúase nesa emoción que transcende ó sanguineo. O tema funciona como último avance antes da chegada de Universo Paralelo, o seu terceiro traballo en solitario, previsto para o 29 de maio. A canción móvese nun territorio máis áspero, máis […]
Néboa volve situarse nese punto onde o pop deixa de ser unha formula pechada para converterse nun espazo en movemento. “San Xoán”, segundo e último adianto do seu vindeiro álbum, chega dous meses antes da noite máis simbólica do calendario galego, apropiándose do seu imaxinario para levalo cara un terreo máis abstracto e emocional. O […]
O pianista cangués Xan Campos vén de publicar Amorodios, un novo traballo que marca un punto de inflexión na súa traxectoria, incorporando por primeira vez a voz como parte estrutural do seu universo sonoro e abrindo o jazz a un diálogo máis directo co presente, pero tamén coa tradición. O disco, editado por Simalbeira e […]
A banda murciana Rata suma Galicia ao seu percorrido coa segunda parte da súa Borrachos Tour, cun dobre paso por Vigo e A Coruña que funcionará como única oportunidade de velos en salas na comunidade. O grupo actuará o 2 de outubro na La Fábrica de Chocolate e o 3 de outubro na Mardi Gras, […]
Casapalma e Alana presentan “Bota’la Aña”, unha colaboración que pon en diálogo dous territorios dende a raíz e a contemporaneidade. O dúo cántabro e o trío galego constrúen unha peza que nace do folclore e se proxecta cara a unha electrónica directa, pensada para o corpo e para a noite. A canción articúlase arredor do […]
O proxecto liderado por Jose Miguel Romerosa continúa ampliando o seu percorrido en directo coa xira Los Pies en el Mar, un novo espectáculo no que xa conviven cancións inéditas co material recente que foi adiantando nos últimos meses. Tras arrincar o pasado 25 de outubro cunha resposta de público que obrigou a ampliar datas […]
Triángulo de Amor Bizarro presentan “Pat a trenca”, segundo adianto de Mi Catedral, o disco que verá a luz o vindeiro 15 de maio. Tras o ton máis simbólico e denso de “Sacrificio”, o grupo baixa á terra cun relato concreto que nace da memoria e se transforma en impulso. “Pat a trenca” constrúese a […]
Boyanka Kostova celebran dez anos de traxectoria coa publicación de X, o seu novo álbum de estudo, xa dispoñible en plataformas dixitais. O lanzamento chega nun momento de consolidación para o dúo, que reforza aquí unha liña sonora máis próxima á electrónica de club e á cultura rave. O disco recolle unha evolución que xa […]
SilFest Valdeorras xa ten pechada a programación musical da súa décima edición. O festival suma ao cartel nomes como La Gloria, Mazu, Zabriskie, Adrian Timms e Os Parrandas, rematando así unha proposta ampla, variada e claramente orientada a públicos diferentes, dende quen busca concertos ata quen entende o festival como unha experiencia máis aberta, ligada […]










