Archivos del Autor: Noel Turbulencias

Karmento, Mondra e El Nido xuntan territorios en “subir subir”

A manchega Karmento, o galego Mondra e os burgaleses El Nido comparten por primeira vez unha peza que dialoga co folclore dende o presente, sen maquillalo nin convertelo en postal. O tema “subir subir” xa está dispoñible en plataformas dixitais e chega acompañado dun videoclip dirixido por Daniel Pérez, gravado en Cualedro. O escenario non […]

Boyanka Kostova presentan ‘Acaso isto é un crime’, novo adianto do álbum X

Boyanka Kostova volven activar maquinaria cun novo single que volve poñer o foco nunha idea que atravesa toda a súa traxectoria: o dereito a pasalo ben. ‘Acaso isto é un crime’ é o segundo adianto de X, o disco co que celebran dez anos de carreira, e chega cunha pregunta directa, formulada con retranca e […]

Romaría da Nosa Señora do Corpino de Baile: Carlangas convoca unha xornada maratoniana no Náutico

O venres 3 de abril de 2026, en plena Semana Santa, o Náutico de San Vicente do Mar acollerá unha proposta pouco habitual no calendario galego: unha romaría contemporánea impulsada por Carlangas baixo o título “Romaría da Nosa Señora do Corpino de Baile”. A idea é clara: ocupar todo o día con música e encontro […]

Álex Cassen revive o Vigo nocturno en “La Galia y el Galerna”

Vigo, 2016. Unha cidade que ardía de madrugada entre guitarras, luces baixas e conversacións que parecían eternas. Ese escenario emocional é o que recupera Álex Cassen en “La Galia y el Galerna”, o novo adianto do seu primeiro álbum. O artista vigués, que iniciara o seu percorrido creativo coa poesía en Golondrinos (2022) e Algia […]

O Atlantic Pride 2026 reforza o talento galego cunha nova fornada de sons xeracionais

Atlantic Pride regresará á cidade da Coruña do 5 ao 12 de xullo para celebrar a súa sétima edición cunha idea clara: o orgullo tamén se constrúe dende o local. Este ano, o festival incorpora ao seu cartel a arde, Jonydasvie, Montedapena, raze e Terrae Dj’s, cinco proxectos que representan distintas maneiras de entender o […]

Kid Mount abre a porta do seu novo EP con “NososDous”, primeiro e único adianto de Perreo Paradiso

Kid Mount xa puxo data ao inicio da viaxe: o 24 de febreiro comeza Perreo Paradiso. O artista de Xinzo de Limia, asentado en Santiago, presenta “NososDous” como primeiro e único adianto do seu novo EP. Coñecido como O neno del monte ou O pico e o tres (<3), Kid Mount leva anos construíndo un […]

The Rapants amplía o Rapants Club no Sar e activa 1.500 novas entradas

O concerto de presentación de Rapants Club medra antes de celebrarse. The Rapants vén de anunciar a ampliación da capacidade para o directo do 28 de marzo no Multiusos Fontes do Sar, o que supón a saída á venda de 1.500 novas entradas. Os billetes estarán dispoñibles dende as 12.00 horas deste mércores 25 de […]

9Louro publica Amorrer e confirma o seu momento coa Capitol esgotada en media hora

A escena urbana galega leva tempo medrando en códigos propios. Dentro dese movemento, 9Louro vén de dar un paso decisivo con Amorrer, o seu segundo disco, un traballo que afonda nun universo emocional onde conviven o amor, a perda e esa identidade xeracional que se constrúe entre pantallas, barrios e linguaxe propia. O álbum, composto […]

Lumedoloop e Saibran presentan os seus debuts en tres concertos conxuntos en Galicia

Lumedoloop e Saibran levarán os seus primeiros traballos discográficos a tres salas galegas nunha pequena xira conxunta que arrinca esta primavera. Tres datas, tres contextos distintos e unha mesma idea: defender en directo proxectos que nacen dende a escena urbana feita aquí. O calendario queda así: 21 de marzo – Lugo, Clavicémbalo 1 de abril […]

Antía Muíño abre pel en Anfibia Por Veces

O segundo disco sempre fala dun momento delicado: cando xa non abonda con confirmar unha promesa e cómpre decidir cara onde medrar. Anfibia Por Veces sitúa a Antía Muíño nese punto exacto. Un lugar onde a canción segue a ser centro, pero arredor dela aparecen novas capas, novas preguntas, novas formas de respirar. Despois de […]