Quince anos dan para moitas cousas. Para tocar en salas pequenas e en escenarios grandes, para medrar como banda e para entender que a música tamén serve para mirar atrás sen caer na nostalxia fácil. Disco Comarcal chega xusto nese punto da traxectoria de Familia Caamagno, como un disco que celebra o camiño percorrido sen […]
Archivos del Autor: Noel Turbulencias
NunO debut de Sara Merso como solista aposta polo tempo lento, pola escoita atenta e pola música entendida como encontro. Un disco que devolve o foco ao corpo, á interpretación e á emoción compartida, reivindicando o humano como valor central. A presentación en directo de lá terá lugar o 30 de xaneiro no Garufa Club, […]
Tres anos separan refugio do novo disco de abrigo, e nese tempo o proxecto vigués foi desprazando o seu centro de gravidade. the things we do for love, que verá a luz o venres 30 de xaneiro, funciona como un diario emocional no que a electrónica deixa de ser un espazo de recollemento para abrirse […]
Hai frases que se repiten tanto que acaban funcionando como dogmas. “Como non vas marchar á capital a buscar traballo do teu? Aquí non hai nada”. PVXARRA parte xusto desa idea para poñela contra as cordas. ‘MARCHA (MARCHA)’ é un novo golpe directo que transforma esa presión social nun relato colectivo e nunha canción de […]
O 981 United regresa á Coruña o 21 de marzo de 2026 coa súa XIII edición, mantendo intacta a súa razón de ser: construír un espazo real para a música extrema desde abaixo. A cita será novamente na Sala O Túnel, nos baixos do Coliseum da Coruña, un lugar que xa forma parte do ADN […]
A nova etapa de Maneiro arrincou o pasado 16 de xaneiro cun xesto que parece poñer palabras ao proceso persoal que acompañou a súa saída de Heredeiros da Crus. A miña mellor versión funciona como punto de partida dese camiño, cunha canción que nace da revisión íntima, da experiencia acumulada e da vontade de avanzar […]
Zavala vén de publicar Corvo Negro, o primeiro adianto do que será o seu próximo traballo discográfico, editado por Ferror Records. O single, dispoñible dende este 16 de xaneiro, confirma unha evolución sonora decidida e unha vontade clara de mirar á realidade que nos rodea sen edulcorantes. Musicalmente, Corvo Negro móvese nun terreo especialmente suxestivo: […]
Hai discos que non só marcan unha etapa, senón que constrúen unha identidade. E hai directos que funcionan como rituais de volta á orixe. O vindeiro 28 de febreiro, Bala volverá a A Coruña para celebrar precisamente iso: os discos que puxeron a primeira pedra do seu camiño. A cita será na Playa Club, cun […]
“Abrente” expande o universo poético e sensorial de Danza Luz, un proxecto no que Leticia Rey traballa a emoción desde a sombra, o corpo e esa claridade que chega sen facer ruído, cando xa non hai que demostrar nada. O videoclip, rodado no Mosteiro de Carboeiro e dirixido por Pablo Goluboff, vén de ser nomeado […]
Sara Faro e María SOA veñen de anunciar nas súas redes sociais o lanzamento, cuxo primeiro sinxelo poderá escoitarse o 30 de xaneiro. Regresan Fillas de Cassandra. O dúo vigués vén de confirmar, a través dun vídeo publicado esta mañá nas súas redes, que este 2026 verá a luz o seu segundo LP, titulado Tertúlia. […]










