5 (+1) razóns para ir ao EmigraSON este ano ou calquera

Hoxe comeza o festival EmigraSON en Bruxelas, un evento que converte a capital europea durante dous días nunha extensión emocional de Galicia. Na súa cuarta edición segue a medrar en aforo e en ambición, sen perder o traballo case asociativo e, ainda, voluntario da organización. Actualmente poderíamos dicir que esta aventura que iniciaron un grupo […]

Rebeliom do Inframundo publica Orgulho: raíz, loita e quinto disco dunha trincheira musical

Orgulho (Galunk Producións, 2026), o quinto traballo de Rebeliom do Inframundo, chega este 26 de febreiro ás plataformas dixitais como síntese dunha traxectoria construída dende os primeiros chanzos da escada, con independencia, coherencia e comunidade. Máis dunha década despois de comezar a facer da música unha trincheira, o grupo reafirma aquí a súa identidade: rap […]

Bala arrinca en A Coruña a xira das reedicións de Human Flesh e Lume

A banda galega Bala pon en marcha esta fin de semana en A Coruña a xira de presentación das reedicións de Human Flesh (2015) e Lume (2017), dous discos que axudaron a definir unha maneira de entender o ruído. O primeiro concerto terá lugar o 28 de febreiro na sala Playa Club, nunha data especial […]

Iván Ferreiro celebra 35 anos de carreira coa xira Hoy x Ayer

Iván Ferreiro pon en marcha este 2026 unha das xiras máis simbólicas da súa traxectoria. Hoy x Ayer nace como celebración de 35 anos enriba dos escenarios e propón un percorrido que conecta distintas etapas vitais e musicais: dende os primeiros pasos con Los Piratas ata o seu camiño en solitario, xa consolidado como unha […]

Portosanto: o regreso (con outro nome) de Oh! Ayatollah xa ten adianto

A épica dos regresos está totalmente sobrevalorada, sobre todo cando non ves aportar nada novo. Por outro lado hai bandas que son máis honestas e borran un nome para escribir outro. Portosanto nace así, como a consecuencia natural dun grupo que estivo a piques de desaparecer e que decidiu seguir, pero doutra maneira. Detrás de […]

QFB desata a súa rabia con A Nosa Terra

O pasado 1 de febreiro viu a luz A Nosa Terra, o segundo disco de QFB, unha banda que leva anos traballando dende A Coruña unha mestura de rap e metal atravesada por conciencia social e identidade. Os adiantos xa marcaban o camiño. En “Pedras contra Tanques”, reinterpretando o clásico de Leilía, e en “Somos […]

Karmento, Mondra e El Nido xuntan territorios en “subir subir”

A manchega Karmento, o galego Mondra e os burgaleses El Nido comparten por primeira vez unha peza que dialoga co folclore dende o presente, sen maquillalo nin convertelo en postal. O tema “subir subir” xa está dispoñible en plataformas dixitais e chega acompañado dun videoclip dirixido por Daniel Pérez, gravado en Cualedro. O escenario non […]

Boyanka Kostova presentan ‘Acaso isto é un crime’, novo adianto do álbum X

Boyanka Kostova volven activar maquinaria cun novo single que volve poñer o foco nunha idea que atravesa toda a súa traxectoria: o dereito a pasalo ben. ‘Acaso isto é un crime’ é o segundo adianto de X, o disco co que celebran dez anos de carreira, e chega cunha pregunta directa, formulada con retranca e […]

Romaría da Nosa Señora do Corpino de Baile: Carlangas convoca unha xornada maratoniana no Náutico

O venres 3 de abril de 2026, en plena Semana Santa, o Náutico de San Vicente do Mar acollerá unha proposta pouco habitual no calendario galego: unha romaría contemporánea impulsada por Carlangas baixo o título “Romaría da Nosa Señora do Corpino de Baile”. A idea é clara: ocupar todo o día con música e encontro […]

Álex Cassen revive o Vigo nocturno en “La Galia y el Galerna”

Vigo, 2016. Unha cidade que ardía de madrugada entre guitarras, luces baixas e conversacións que parecían eternas. Ese escenario emocional é o que recupera Álex Cassen en “La Galia y el Galerna”, o novo adianto do seu primeiro álbum. O artista vigués, que iniciara o seu percorrido creativo coa poesía en Golondrinos (2022) e Algia […]