Belém Tajes vén de publicar «Santa Ferreña», un novo sinxelo que funciona como ponte entre a tradición popular galega e novas formas de exploración sonora. A canción chega coincidindo coa celebración da romaría de Carboeiro e convértese nunha homenaxe tanto á patroa do lugar como aos históricos encontros de música tradicional que marcaron xeracións de […]
Galicia contará con nove espazos dentro da nova Red de Salas, un circuíto estatal promovido por ACCES (Asociación Cultural Coordinadora Estatal de Salas privadas de música en directo) que reunirá a 93 salas de concertos de todo o país co obxectivo de reforzar a programación de música en vivo e favorecer a diversidade artística. Entre […]
A banda viguesa Los Marcianos volve abrir unha nova fenda dentro do seu propio son con “Jota suicida”, un tema no que colaboran con Tronco e que transforma a tradición da jota aragonesa nun artefacto de pop alternativo atravesado por guitarras, castañolas, melodías luminosas e unha certa melancolía irónica. A canción funciona dende o contraste. […]
Néboa regresan con Barco Fantasma, o seu terceiro traballo discográfico, un disco que soa a peche de etapa e tamén a transformación constante. O quinteto galego leva máis dunha década construíndo unha identidade difícil de encaixar nas categorías habituais do pop alternativo estatal, sempre en movemento entre a electrónica, o folk contemporáneo, a experimentación e […]
O dúo formado por Adrián Riveiro Rodríguez e Pablo Gómez Portas son os piares de Furada, grupo que presenta un primeiro álbum homónimo editado por Ferror Records que entende o post punk como unha ferramenta poética, política e emocional, afastada da simple nostalxia estética coa que tantas veces se recicla o xénero. O proxecto comezou […]
O regreso de Silvio Rodríguez a España xa é unha realidade. O histórico cantautor cubano anunciou unha nova xira para os meses de setembro e outubro de 2026, marcando así o seu reencontro co público español despois de anos sen actuar no país. A Coruña será unha das cidades incluídas nun percorrido que tamén pasará […]
A artista viguesa LAW continúa construíndo unha das propostas máis singulares da nova escena galega con Prometeo na cidade, un EP conceptual de catro cancións no que a mitoloxía clásica convive coa ansiedade contemporánea, a música de raíz e a electrónica máis ritual. O novo traballo, editado por Galunk Producións, utiliza a figura de Prometeo […]
O Festival Ou Yeah! segue collendo forma como unha das propostas máis particulares do panorama galego actual. Lonxe de funcionar como un festival concentrado nun único recinto ou nunha fin de semana pechada, o proxecto volve apostar en 2026 por espallar a música por distintos puntos da provincia de Ourense, conectando concertos, gastronomía e patrimonio […]
Bala e Niña Coyote eta Chico Tornado compartirán escenario nunha serie de concertos especiais que xa apuntan a converterse nun dos directos máis explosivos dos próximos meses. Ambas formacións acaban de anunciar un EP gravado “a oito mans” que verá a luz este outono e que servirá como punto de partida para unha colaboración que […]
Arrhythmia acaba de anunciar as primeiras datas da súa nova xira de salas arredor de CERØ, confirmando o momento de consolidación dunha das propostas máis intensas e contundentes do metal alternativo galego actual. A banda pasará pola Sala Masterclub de Vigo o 16 de outubro, pola Sala Malavida da Coruña o 21 de novembro e […]










