Caamaño & Ameixeiras e Tarta Relena unen voces en «O meu amor», unha despedida que bota a andar

O dúo galego Caamaño & Ameixeiras presenta hoxe «O meu amor», un novo sinxelo realizado en colaboración co proxecto catalán Tarta Relena. A canción parte dun tema tradicional dos Açores que chegou ao imaxinario da música galega a través de Leilía, para construír unha peza pausada arredor da ausencia, da memoria e da capacidade de […]

A colleita de 2026: medio ano de discos para entender o presente da música galega

Medio ano de 2026 chegou para confirmar unha evidencia difícil de ignorar: a música galega vive un momento de enorme fertilidade discográfica. En apenas seis meses publicáronse unha cantidade ingente de discos de altísima calidade, traballos que permiten falar dunha escena diversa, ambiciosa e en movemento constante, dende a raíz ata o pop, dende o […]

Néctar leva o seu debut a Galicia con concertos en Ortigueira e A Coruña

Néctar achégase aos escenarios galegos para presentar en directo o seu primeiro longa duración, CON ESTE DISCO (LO) VAMOS A PETAR, publicado o pasado 28 de maio. A banda actuará o 19 de xuño en Asatru, en Ortigueira, e o 20 de xuño na sala Malavida, na Coruña, dúas citas nas que despregará un repertorio […]

XMASEDA65 abre unha nova etapa con 6 a.m.ORES, un EP atravesado polo reggaetón e a madrugada

XMASEDA65 vén de publicar 6 a.m.ORES, un novo EP formado por seis cancións nas que o artista viveirense abre unha etapa diferente dentro da súa traxectoria. O proxecto afástase parcialmente do terreo máis vencellado ao hip-hop no que se viña movendo ata agora para achegarse a ritmos máis próximos ao reggaetón e a novas formas […]

Os festivais están a chegar ao seu límite? Está caduco o modelo actual?

Hai algo que chama a atención cando un repasa a actualidade musical deste verán: as cancelacións de festivais xa non son unha excepción. Aparecen aquí e acolá, afectando a proxectos de pequeno e mediano formato que, sobre o papel, parecían ter argumentos suficientes para saír adiante. Algúns contaban con apoio institucional. Outros presentaban carteis con […]

Willow GHZ converte a derrota nun exercicio de aceptación en «Seguirei Perdendo»

Willow GHZ presenta «Seguirei Perdendo», un novo sinxelo producido por Peter Petrowski no que transforma a derrota, a incerteza e as feridas da vida nun exercicio de aceptación e resistencia. A canción afástase de calquera visión triunfalista para reivindicar a aprendizaxe que nace dos erros, dos camiños equivocados e das batallas que non sempre rematan […]

Apolo18 recompilan os seus primeiros adiantos en Intentos de facer vida confirmando o seu lugar entre as novas voces do rock galego

Durante os últimos meses, Apolo18 foron deixando pistas do que estaba por chegar. O quinteto coruñés foi publicando cancións ao longo de 2026 e construíndo unha expectación pouco habitual para unha banda tan nova. Agora todas esas pezas conflúen en Intentos de facer vida, un EP debut que incorpora tamén o tema «Outono (Cabra)» e […]

Belém Tajes abre unha nova etapa con «Santa Ferreña», unha homenaxe á memoria popular de Carboeiro

Belém Tajes vén de publicar «Santa Ferreña», un novo sinxelo que funciona como ponte entre a tradición popular galega e novas formas de exploración sonora. A canción chega coincidindo coa celebración da romaría de Carboeiro e convértese nunha homenaxe tanto á patroa do lugar como aos históricos encontros de música tradicional que marcaron xeracións de […]

Nove salas galegas formarán parte da nova Red de Salas impulsada por ACCES

Galicia contará con nove espazos dentro da nova Red de Salas, un circuíto estatal promovido por ACCES (Asociación Cultural Coordinadora Estatal de Salas privadas de música en directo) que reunirá a 93 salas de concertos de todo o país co obxectivo de reforzar a programación de música en vivo e favorecer a diversidade artística. Entre […]

Los Marcianos e Tronco converten a jota en pop distorsionado no novo single “Jota suicida”

A banda viguesa Los Marcianos volve abrir unha nova fenda dentro do seu propio son con “Jota suicida”, un tema no que colaboran con Tronco e que transforma a tradición da jota aragonesa nun artefacto de pop alternativo atravesado por guitarras, castañolas, melodías luminosas e unha certa melancolía irónica. A canción funciona dende o contraste. […]