AWY abren nova etapa con “Si tú vas”, un xiro cara á pista de baile tras a súa reformulación como banda

AWY sitúanse nun punto de cambio. Ante o éxito de Tinho, tras o seu paso por Operación Triunfo, prodúces unha renovación da banda que abre unha nova dirección. O proxecto reorganízase e comeza a definirse con outras coordenadas, máis enfocadas ao presente. “Si tú vas” funciona como primeira peza desa transición. A canción abandona parte […]

Portosanto atopan un lugar propio no seu debut ‘Ten que haber un sitio para nós’

Portosanto xa teñen na rúa Ten que haber un sitio para nós, o seu primeiro LP baixo este nome. Editado por Ernie Records, o disco reúne dez cancións e abre unha nova etapa para Anaís, Andrés, Nuno, Simón e Xoel, os mesmos músicos que anos atrás formaran Oh! Ayatollah. Máis que unha simple continuación, este […]

Igloo adianta o seu oitavo disco con “Mi rayo de luz”, producido por Carlos Hernández

Igloo seguen empurrando o seu proxecto dende un lugar pouco habitual, sostidos polo seu público e afastados das inercias máis previsibles da industria. Igual que xa fixeran con Planes para días grises (2023), a banda volve apostar polo micromecenado como ferramenta para dar forma ao seu novo disco. Un modelo que fala de relación directa, […]

Carlangas afonda nas feridas abertas e presenta “Familia S.L.”, último adianto de Universo Paralelo

Hai algo incómodo en chamar familia ao que doe. “Familia S.L.”, o novo single de Carlangas, sitúase nesa emoción que transcende ó sanguineo. O tema funciona como último avance antes da chegada de Universo Paralelo, o seu terceiro traballo en solitario, previsto para o 29 de maio. A canción móvese nun territorio máis áspero, máis […]

Néboa adianta o seu novo disco cun “San Xoán” que expande o seu pop máis inquedo

Néboa volve situarse nese punto onde o pop deixa de ser unha formula pechada para converterse nun espazo en movemento. “San Xoán”, segundo e último adianto do seu vindeiro álbum, chega dous meses antes da noite máis simbólica do calendario galego, apropiándose do seu imaxinario para levalo cara un terreo máis abstracto e emocional. O […]

Amorodios abre un novo tempo no universo sonoro de Xan Campos

O pianista cangués Xan Campos vén de publicar Amorodios, un novo traballo que marca un punto de inflexión na súa traxectoria, incorporando por primeira vez a voz como parte estrutural do seu universo sonoro e abrindo o jazz a un diálogo máis directo co presente, pero tamén coa tradición. O disco, editado por Simalbeira e […]

Rata confirma dúas datas en Galicia dentro da súa xira estatal por salas, ademáis do seu paso polo Osa do Mar

A banda murciana Rata suma Galicia ao seu percorrido coa segunda parte da súa Borrachos Tour, cun dobre paso por Vigo e A Coruña que funcionará como única oportunidade de velos en salas na comunidade. O grupo actuará o 2 de outubro na La Fábrica de Chocolate e o 3 de outubro na Mardi Gras, […]

Casapalma e Alana conectan Cantabria e Galicia en “Bota’la Aña”, unha descarga de folclore e electrónica

Casapalma e Alana presentan “Bota’la Aña”, unha colaboración que pon en diálogo dous territorios dende a raíz e a contemporaneidade. O dúo cántabro e o trío galego constrúen unha peza que nace do folclore e se proxecta cara a unha electrónica directa, pensada para o corpo e para a noite. A canción articúlase arredor do […]

El Jose leva a Galicia a súa nova xira ‘Los Pies en el Mar’ con tres datas en Vigo, A Coruña e Ourense

O proxecto liderado por Jose Miguel Romerosa continúa ampliando o seu percorrido en directo coa xira Los Pies en el Mar, un novo espectáculo no que xa conviven cancións inéditas co material recente que foi adiantando nos últimos meses. Tras arrincar o pasado 25 de outubro cunha resposta de público que obrigou a ampliar datas […]

Triángulo de Amor Bizarro levan a memoria ao límite en “Pat a trenca”, segundo adianto de Mi Catedral

Triángulo de Amor Bizarro presentan “Pat a trenca”, segundo adianto de Mi Catedral, o disco que verá a luz o vindeiro 15 de maio. Tras o ton máis simbólico e denso de “Sacrificio”, o grupo baixa á terra cun relato concreto que nace da memoria e se transforma en impulso. “Pat a trenca” constrúese a […]