mariagrep recodifica os códigos do seu último disco nunha nova versión ralentizada e escura

Como se o cancioneiro do último álbum de mariagrep fose secuestrado por algún habitante anónimo dunha cova agochada na deep web, MARIAGREP IS NOT A CRIME —co que iniciabamos o ano o pasado 24 de xaneiro— atopa agora o seu reverso máis tenebroso nesta nova versión, máis lenta, máis densa e profundamente reverberada. Baixo o […]

Antía Muíño bebe da raíz para entrar en trance: “Augha Desa Fonte”, folk ancestral recodificado xunto a Lilaina

Antía Muíño presenta “Augha Desa Fonte”, una canción de visceralidad frontal que nos conduce a un trance hipnótico entre el after-folk y una espiritualidad ancestral. Un tema que invita a beber de una fuente simbólica situada entre el antes de ayer y el pasado mañana: entre la raíz folklórica más profunda y una mirada contemporánea, […]

Rodrigo Cuevas traerá La Belleza á Coruña o 30 de abril, única parada da xira en Galicia

A Coruña converterase o vindeiro 30 de abril no único escenario galego onde poderá verse La Belleza, a nova proposta escénica de Rodrigo Cuevas, nunha xira que marca un novo capítulo na traxectoria dun dos creadores máis singulares e libres da escena musical estatal. O artista asturiano vén de anunciar este novo espectáculo, definido como […]

De Vacas celebra dez anos de traxectoria cun espectáculo sinfónico no Auditorio de Galicia

Vacanal Sinfónica estrearase o vindeiro 28 de decembro no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, ás 20:30 horas, como unha proposta moi especial coa que De Vacas conmemora o seu décimo aniversario. As entradas esgotáronse poucos días despois de saír á venda, confirmando o forte vínculo do grupo co seu público e a expectación […]

De Ninghures pecha 2025 con dúas últimas “feiras”: A Fonsagrada e A Coruña despedirán o ano ao seu ritmo

O final do ano vai colle-lo pulso da terra: De Ninghures prepara dous encontros especiais para despedir 2025 levando Feira —un dos discos referenciais da música galega recente— aos escenarios da Fonsagrada e da Coruña. O primeiro será o sábado 6 de decembro, ás 23.00 h, na décima edición da Foliada da Fonsagrada. Non é […]

¡O PRESTOSO DESLUMBRA DE NOVO!

O ‘prao’ de Las Barzaniellas, en Cangas del Narcea, volverá converterse os días 6, 7 e 8 de agosto nun dos recunchos máis máxicos do verán. A novena edición do Prestoso chega cunha enerxía que se sente mesmo antes de entrar no val: nomes como Él Mató a un Policía Motorizado, Rufus T. Firefly, Nadadora, […]

Os I Premios da Industria Musical de Galicia revelan as súas gañadoras e gañadores nunha gala que celebra a forza do sector

A primeira edición dos Premios da Industria Musical de Galicia, impulsados por AGEM co apoio da Xunta de Galicia (a través da Agadic) e da Deputación da Coruña, celebrouse este xoves 27 de novembro na Sala Capitol de Santiago de Compostela. Un encontro sectorial concibido para reunir á cadea de valor da música en Galicia […]

O SilFest acelera cara ao seu décimo aniversario cunha xeira de confirmacións que amplía horizontes

O SilFest Valdeorras avanza pasos firmes cara a unha edición histórica. Celebrar dez anos non é unha cuestión de marketing, senón unha oportunidade para reafirmar unha identidade que, nun ecosistema saturado de macroeventos e lóxicas puramente mercantís, segue apostando por outra maneira de vivir a música. E, desta volta, faino cun novo paquete de nomes […]

Carolina Durante levará o “Fin de la Aventura” ao Coliseum: unha despedida a gran escala para unha xeración que medrou con eles

Carolina Durante volve a Galicia cunha desas datas que non se entenden só como un concerto, senón como o final dun capítulo enteiro. O 12 de decembro de 2026, o Coliseum da Coruña acollerá unha das últimas paradas da súa xira Fin de la Aventura, un ciclo que pecha todo o universo creado arredor do […]