El Jose leva a Galicia a súa nova xira ‘Los Pies en el Mar’ con tres datas en Vigo, A Coruña e Ourense

O proxecto liderado por Jose Miguel Romerosa continúa ampliando o seu percorrido en directo coa xira Los Pies en el Mar, un novo espectáculo no que xa conviven cancións inéditas co material recente que foi adiantando nos últimos meses.

Tras arrincar o pasado 25 de outubro cunha resposta de público que obrigou a ampliar datas en varias ocasións, a banda confirma agora o seu paso por Galicia cun triplo concerto. A primeira parada será o xoves 23 na La Pecera (Vigo), continuará o venres 24 no Garufa Club (A Coruña) e pechará o sábado 25 no Auriense (Ourense).

O directo preséntase como unha extensión natural do momento creativo no que se atopa o artista, cun novo disco en proceso do que xa se coñecen temas como “Los Pies en el Mar”, “La Sospecha” ou “Emosido engañado”. Este último forma parte ademais da banda sonora do curtametraxe Inquilinos, dirixido por Adrián Ordoñez.

Sobre o escenario, El Jose mantén unha identidade que foxe de etiquetas ríxidas. As súas cancións transitan con naturalidade entre a canción de autor, o rock, o mestizaxe e a tradición popular, sempre cunha atención especial á palabra. O directo constrúese como un percorrido emocional que pasa da intimidade ao estoupido colectivo, co humor e a mirada crítica como fío condutor.

O proxecto naceu en 2015 no barrio do Albaicín (Granada) e foi medrando dende a autoedición ata consolidar unha base de público fiel. O seu último álbum, Seguro de na (2021), serviu para situar á banda nun espazo recoñecible dentro da escena estatal, combinando cifras de escoitas relevantes cunha presenza constante en salas.

As entradas para os concertos galegos están dispoñibles a través da súa web oficial.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *