Fumega Fest arrinca con forza en Betanzos cun cartel de referencia na escena alternativa europea

A primeira edición do Fumega Fest chega este verán ao Parque do Pasatempo de Betanzos con unha proposta ambiciosa centrada no rock alternativo e o metal experimental. Os días 4 e 5 de xullo, a vila acollerá actuacións de bandas recoñecidas a nivel europeo como Monkey3 (Suíza), Psychonaut (Bélxica), Greenleaf (Suecia) e Dvne (Escocia), referencias destacadas do stoner, post-rock e post-metal.

O cartel complétase cunha selección coidada de proxectos estatais como Exxasens, Mohama Saz, e representación galega con Mano de Piedra (Vigo) e Kalte Sonne (Lugo), nunha proposta que combina intensidade sonora, experimentación e atmosferas hipnóticas.

O evento terá lugar no emblemático Parque do Pasatempo, espazo declarado Ben de Interese Cultural, e ofrecerá servizos de acampada moi preto do recinto. Os abonos promocionais estarán dispoñibles a partir do venres 11 de abril por 45€ máis gastos de xestión en www.fumegafest.com e Enterticket.

Organizado pola promotora PlayPlan, responsable doutras citas como SonRías Baixas ou BIGSOUND Pontevedra, o Fumega Fest nace cunha clara vocación de situar Galicia no mapa dos grandes festivais europeos da música alternativa.