O EmigraSON pecha o cartel cun golpe enriba da mesa: Baiuca súmase á edición 2026

O festival EmigraSON acaba de anunciar a súa última confirmación e, con ela, o peche dun cartel que consolida ao evento como un dos espazos máis vibrantes para a música galega fóra das súas fronteiras. Baiuca, o proxecto que conseguiu situar a tradición galega no mapa global a base de electrónica envolvente, foliada transformada en rave e identidade como motor creativo, actuará en Bruxelas nunha das datas máis agardadas do ano para a diáspora.

A incorporación de Baiuca funciona como declaración de intencións: un artista que fixo bailar medio mundo coas raíces por bandeira, capaz de conectar xeracións e territorios co seu son híbrido e profundamente contemporáneo. O EmigraSON, fiel ao seu espírito de celebrar a cultura galega alén do país, pecha así unha programación que combina tradición, experimentación e comunidade.

Con este anuncio, o festival reforza o seu papel como ponte entre Galicia e Europa, e confirma que a música galega vive un momento de expansión no que a creatividade non entende de distancias. Agora si: Bruxelas está lista para bailar. ¿Estades readyyyy? 🔥

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *