A Coruña converterase o vindeiro 30 de abril no único escenario galego onde poderá verse La Belleza, a nova proposta escénica de Rodrigo Cuevas, nunha xira que marca un novo capítulo na traxectoria dun dos creadores máis singulares e libres da escena musical estatal. O artista asturiano vén de anunciar este novo espectáculo, definido como […]
Archivos del Autor: Noel Turbulencias
Vacanal Sinfónica estrearase o vindeiro 28 de decembro no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, ás 20:30 horas, como unha proposta moi especial coa que De Vacas conmemora o seu décimo aniversario. As entradas esgotáronse poucos días despois de saír á venda, confirmando o forte vínculo do grupo co seu público e a expectación […]
O final do ano vai colle-lo pulso da terra: De Ninghures prepara dous encontros especiais para despedir 2025 levando Feira —un dos discos referenciais da música galega recente— aos escenarios da Fonsagrada e da Coruña. O primeiro será o sábado 6 de decembro, ás 23.00 h, na décima edición da Foliada da Fonsagrada. Non é […]
O ‘prao’ de Las Barzaniellas, en Cangas del Narcea, volverá converterse os días 6, 7 e 8 de agosto nun dos recunchos máis máxicos do verán. A novena edición do Prestoso chega cunha enerxía que se sente mesmo antes de entrar no val: nomes como Él Mató a un Policía Motorizado, Rufus T. Firefly, Nadadora, […]
A primeira edición dos Premios da Industria Musical de Galicia, impulsados por AGEM co apoio da Xunta de Galicia (a través da Agadic) e da Deputación da Coruña, celebrouse este xoves 27 de novembro na Sala Capitol de Santiago de Compostela. Un encontro sectorial concibido para reunir á cadea de valor da música en Galicia […]
O SilFest Valdeorras avanza pasos firmes cara a unha edición histórica. Celebrar dez anos non é unha cuestión de marketing, senón unha oportunidade para reafirmar unha identidade que, nun ecosistema saturado de macroeventos e lóxicas puramente mercantís, segue apostando por outra maneira de vivir a música. E, desta volta, faino cun novo paquete de nomes […]
Carolina Durante volve a Galicia cunha desas datas que non se entenden só como un concerto, senón como o final dun capítulo enteiro. O 12 de decembro de 2026, o Coliseum da Coruña acollerá unha das últimas paradas da súa xira Fin de la Aventura, un ciclo que pecha todo o universo creado arredor do […]
O Prestoso volve. Despois dunha edición de 2025 que reuniu a 5.500 persoas no prao de Las Barzaniellas, o festival asturiano confirma as súas datas para 2026: 6, 7 e 8 de agosto. E faino á súa maneira, con entusiasmo, coidando o territorio e lanzando unha oferta de arranque: dous abonos completos por 125 euros […]
O que estoupou estes días entre Ayax e Fernando Costa non é só unha liorta de egos nin unha desas tiradeiras que a escena urbana consome como espectáculo. É unha fenda que deixa ver tensións moito máis profundas: o papel das violencias machistas na industria musical, a responsabilidade dos artistas e das plataformas, e o […]







