Hai finais que en realidade son comezos. Cando Rayden anunciou o peche da súa carreira en solitario, poucos imaxinaban que o seu seguinte paso ía ser tan inmediato —e tan colectivo—. Agora reaparece xunto á súa banda baixo o nome de Chiquita Movida, un proxecto galego-madrileño que mestura humor, crítica e guitarras afiadas. Co seu […]
Archivos del Autor: Noel Turbulencias
Hai cancións que parecen saídas dun serán, doutro tempo e doutro xeito de mirar o mundo, pero que ao escoitalas hoxe fan sorrir coma se foran novas. Carracho, o novo tema de Tona, é unha desas. O proxecto liderado polo muradán Miguel Cernadas (ex Terbutalina) continúa a súa particular viaxe pola chamada Música da Ribeira, […]
O encontro era cuestión de tempo. Dúas das formacións máis potentes e coherentes da escena galega alternativa, Arrhythmia e Rebeliom do Inframundo, xúntanse por fin nun tema que soa tanto a declaración de intencións como a celebración compartida.“Insaciables”, o novo sinxelo da banda lucense, sae este venres 7 de novembro en todas as plataformas dixitais, […]
O trío compostelán de power pop The Homens está de volta. Despois da súa reunión no festival Psicotroita, a banda decidiu non volver baixar do escenario e retoma actividade da man de Tremendo, o selo e colectivo audiovisual con base en Compostela. O grupo recupera a súa formación orixinal, con Xocas á batería, Le Roi […]
Na portada desta crónica aparece unha fotografía de Javier Rosa. Nela saio eu mesmo, no medio do tumulto, cantando, gritando, gozando coma un neno pequeno. Esa imaxe non é só un recordo persoal: é a proba de que o Canela Party se vive coa pel erguida, cos ollos brillando e co corazón acelerado. É un […]
O Noroeste Estrella Galicia chega á súa 38ª edición consolidado como un dos eventos musicais máis emblemáticos da Coruña. Un festival gratuíto, organizado polo Concello, que durante case unha semana transforma prazas, praías e recunchos da cidade en escenarios. Sobre o papel, é unha celebración da música e da cultura aberta a todo o mundo. […]
Nun tempo no que os macrofestivais dominan o calendario musical e as programacións parecen deseñadas por algoritmos e fondos de investimento, existen excepcións que manteñen viva a esencia orixinal dos encontros musicais: compartir, descubrir e celebrar en comunidade. O Canela Party é unha desas excepcións. Naceu en 2007 en Málaga da man dun grupo de […]
Foto Cris Padín
O SonRías Baixas regresou este verán a Bueu cunha edición marcada pola súa evolución e, ao tempo, polas súas contradicións. O festival, historicamente asociado á música combativa —rock, hip hop reivindicativo, ska—, leva uns anos virando cara a un cartel máis aberto ao pop alternativo e ás novas correntes indie. Este cambio xerou debate entre […]
Fotografía: Pol González Novell










