Silee publica este 5 de novembro Meu onde estás?, o seu segundo disco de longa duración. O músico de Bueu reúne quince cancións arredor do seu percorrido persoal e artístico, dende a desorientación dos comezos ata a ilusión de ver materializados os seus proxectos. Nese camiño tamén aparecen o medo á velocidade dos cambios e […]
A Sala Capitol de Santiago acolleu o pasado martes 3 de novembro a segunda edición dos Premios da Industria Musical de Galicia, agora denominados Premios PALCO. A convocatoria contou con 42 candidaturas finalistas nas súas 14 categorías xerais, con representación de profesionais do son, iluminación, produción, comunicación e deseño, ademais de proxectos artísticos, festivais e […]
A banda portuguesa Glockenwise chega esta fin de semana a Galicia para presentar Vale tudo para chegar a algum lado, o seu sexto traballo discográfico. O cuarteto de Barcelos actuará o venres 30 de outubro na Fábrica de Chocolate de Vigo e o sábado 31 no Riquela Club de Santiago de Compostela, nas que serán […]
A apertura dunha nova sala de concertos debería ser sempre motivo de celebración para unha cidade. Máis escenarios, máis oportunidades para os artistas, máis posibilidades para os promotores e unha oferta cultural máis ampla para o público. Baixo esta premisa, a inminente inauguración da sala Maré, en pleno porto da Coruña, semella unha excelente noticia […]
A mítica sala de Monte Alto celebra o seu aniversario cun mes de concertos que reúne artistas locais, nacionais e internacionais, reivindicando o papel imprescindible dos pequenos escenarios na construción do tecido musical da cidade. A sala Mardi Gras cumpre 27 anos este mes de novembro e, como xa é tradición, celebrarao cunha programación especial […]
As modas son pasaxeiras, pero Tanxugueiras, afortunadamente, hai tempo que deixaron de ser unha moda. A súa traxectoria transcendeu o estritamente musical ata convertelas en figuras imprescindibles para comprender o momento que atravesa a cultura galega. O vivido, por segunda vez, no Coliseum da Coruña foi moito máis ca un concerto. Nove coristas, cinco bailaríns, […]
A artista cordobesa María José Llergo actuará o 14 de novembro no Auditorio de Ferrol dentro de El Juego Tour, a xira coa que presenta unha nova etapa creativa marcada polo diálogo entre o flamenco, as músicas de raíz e os sons contemporáneos. As entradas xa están dispoñibles a través de Art Music e Ataquilla. […]
As galegas BALA e o dúo vasco Niña Coyote eta Chico Tornado dan un novo paso na súa colaboración cun proxecto conxunto que publicará o seu primeiro EP o próximo 13 de outubro. «Tu Medalla» xa está dispoñible nas plataformas dixitais. BALA e Niña Coyote eta Chico Tornado presentaron este luns NIÑA BALA, o nome […]
O músico galego asina a música orixinal da nova montaxe do Centro Dramático Galego, un traballo no que leva o seu vínculo coa tradición cara a terreos máis experimentais, con samples e texturas electrónicas. Xosé Lois Romero presenta a banda sonora orixinal de A serie clopen, o espectáculo multidisciplinar do Centro Dramático Galego dirixido por […]
El ciclo celebrará su novena edición entre el 14 y el 28 de noviembre con conciertos acústicos en Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela y Lugo. Las entradas ya están disponibles a través de Ataquilla. Acustiquísimos regresará este otoño a Galicia con Quique González & Toni Brunet, La Bien Querida, Ángeles Toledano y Luis Fercán […]










